Domingo, 21 de Dezembro de 2008

Unha de cal e outra de area...

XOVES, 18 DE DECEMBRO-2008

O xogo de bingo que clausurara a Policía Autonómica o pasado mes de xuño en Avión cumpría cos requísitos esixidos pola lei de Xogos de Galiza. Presidencia sobreseiu o expdiente sancionador aberto contra o Concello.
Segundo o alcalde, Antonio Montero era ‘buscar un momento de entretenimiento a la vez que de encuentro entre los vecinos de las distintas localidades’, a súa vez os premios eran de entre 3 e 8 euros, ‘da idea del poco movimiento pecuario que se generaba, siendo una actividad de relación social y puro entretenimiento’. Así mesmo conclúe decindo que foi preciso ‘una certificación expedida por el secretario municipal haciendo constar que en este Ayuntamiento no existe ningún antecedente ni documental ni contable en relación con la organización de ningún juego de bingo para que la Dirección Xeral de Interior no tuviera más remedio que dictar esta resolución de sobreseimiento del expediente sancionador’.
VENRES, 19 DE DECEMBRO-2008
Os servizos xurídicos da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza abriron un expediente á Fundación Avión como promotora do xogo do bingo que foi clausurado por axentes da Policía Autonómica en xuño nas instalacións do Colexio público deste municipio do Ribeiro.
Presidencia comunica que ‘se procedeu á apertura doutro expediente contra a Fundación Avión, tendo en conta que o bingo non é legal’. Segundo as mesmas fontes ‘esta actividade incumpre a normativa correspondente, sobre todo no referido ó artigo 2 do Decreto 181/2002 do 10 de maio polo que se aproba o regulamente deste xogo’.

1 comentários:

Robinho disse...

Un momento de entretemento ben llo podía achegar dando clases de baile, ximnasia, taichi, manualidades, cursos de informática, actuacións teatrais, actuacións de magos, de músicos e un longo etcétera.

Cultura vamos, e non entretementos de xogos destes lucrativos (por pouco que sexa o premio).

Ou que pretende, na vez de culturizar ao povo, ludopatiza-lo?