Domingo, 10 de Janeiro de 2010

A riqueza mineira da comarca...

A riqueza mineira, por unha parte inexplotada, foi unha das relumbrantes garantias do porvir da comarca do Ribeiro. O tesouro mineral das montañas do Ribeiro non foi descoñecido polos antergos. Existiron vistixios no século XIX, en parroquias coma as de Quins, Verea e Aguiar e Avión onde " de tal fino metal (estaño), que si o dos ingleses admite un 6% de chumbo, éste recibe un 30%". Os señores Schuzl e Paillete afirman que "a terceira e principal rexión estañifeira de Galicia existe nas montañas de Montes e de Avión, límites das provincias de Ourense e Pontevedra. O descobremento data de 1830, e vai aumentando pouco a pouco en importancia, pois actualmente coñécense máis de trinta filóns nun espacio de tres leguas cadradas. Algún destes filóns son de regularidade suma e certa riqueza, proporcionando estaño algo oxidado macizo en veas que teñen de un a vinte centímetros, estando acompañados de mica amarillenta e de cuarzo branco... A súa explotación, aínda que non foi suspendida dende a orixe do descubrimento do mineral, non tomou, sen embargo, o incremento que merecía, debido sen dúbida a falta de camiños, o aislamento desa comarca e sobre todo a causa do baixo prezo do estaño inglés en España. Neste distrito estañifeiro, conclúen, se atopan con abundancia belas mostras de tunstado de cal, de wolfran, de beldae as veces tamén, esmeraldas brancas.

Preto de Avión, as minas minas de Beariz foron explotadas pola compañía inglesa Tim Viso Limited. Cerca do pobo de Doade había demarcadas 152 hectáreas de aluvión estañífero propiedade de Forrest E Boum. No monte de Muradás, había tres minas que ocupaban unha superficie de 70 hectáreas , tamén de aluvión de estaño que apenas se explotaron.

P.Samuel Eiján, Ribadavia y sus alrrededores.

0 comentários: