A Consellería de Vivenda e Solo, presidida por Teresa Táboas, con familia no concello de Beariz, concedeulle o Concello de Avión, vai facer xa un par de anos 10 vivendas de protección oficial.
Para os terreos, penso que se fixeron expropiacións e cedéronselle a esta Consellería perto de 1.700 metros para a súa obra, valorada nuns 1.200.000 euros. (Escribo de cabeza, pois moi o meu pesar a páxina da Consellería de Vivenda e Solo xa non funciona, e volvinme tola rebuscando no Doga).
Pasan os meses e non sabemos nada do tema, mesmo presentei un par de preguntas, relacionadas coas vivendas sociais, protección civil e co parque empresarial, neste noso concello con data 10 de Xullo de 2009, das que ainda non obtiven resposta. (Quedan 12 días, para cumprirse os 3 meses, data límite non??? O Valedor do Pobo dirá): ¿Cal foi o motivo polo que se denegou a licenza municipal para a construcción das vivendas sociais?
Máis a resposta atópase na acta da sesión ordinaria da xunta de goberno con data: 1 de Abril de 2009.
"DENEGAR á CONSELLERÍA DE VIVENDA E SOLO DA XUNTA DE GALICIA a súa solicitude de licencia para a construcción de 10 vivendas de promoción pública neste Concello de Avión, segundo o proxecto básico e de execución presentado, reactado pola Arquitecta Dnª. María A. Leboreiro Amaro, toda vez que, segundo o informe do Técnico Municipal, a normativa á aplicar é a recollida no Plan Especial para a creación de solo urbanizable para rquipamentos e vivendas de promoción pública, en vigor dende o 20 de novembro de 2007, cuxas ordenanzas reguladoras foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Ourense nº. 265, do 19 de novembro dese ano, e que foi incorporado integramente, por referencia ó mesmo, ó Plan Xeral de Ordenación Municipal de Avión actualmente en vigor.
As devanditas ordenanzas do Plan Especial establecen que a edificación terá que cumprir, entre outras, as seguintes condicións:
- Planta soto e semisoto: destinarase a aparcamentos, podendo aloxar ademáis, faiados, sala de caldeiras, etc.
- Planta baixa: toda a área non ocupada pola construcción desta planta axardinaráse libremente. A construcción, salvo a rampla de acceso ó soto, recuarase 3 m. da aliñación oficial definida pola rúa.
- Cubertas: as cubertas estarán formadas por planos continuos inclinados cunha pendente máxima de 30º (60%) prohibíndose as iluminacións con bufardas nos planos inclinados. A altura máxima da cumieira non superará os 3,20 m.
Ante o anterior, polo Técnico Municipal infórmase que o proxecto presentado non se adapta ás determinacións do Plan Especial ao resolver a cuberta con unha terraza plana intransitable, non prevista no dito documento urbanístico, así como que non se adapta ás alineacións marcadas polo mesmo."
Un erro da Arquitecta, canto tempo se tardou en evaluar o proxecto dende que chegou as dependencias municipais? Cando comezan as obras?? Eso éche cousa da Xunta.
Ains, preciso un curso avanzado de Urbanismo...jajajaj
Agora ben, con data 7 de Agosto de 2009, concedeuse provisionalmente licencia de urbanización e parcelación do polígono 1 do Plan Especial para a creación de solo urbanizable de Avión ó Instituto Galego da Vivenda e Solo da Xunta de Galicia ós efectos de que, no seu momento podan proceder a construcción de vivendas de protección autonómica no lugar de O Sifón.
Parcelación, polígono 1??? Dos proxectos aquí non se fala nada...Alguén me axuda...jajajaj
Por certo, se queredes saber algo máis sobre Teresa Táboas e o seu traballo pinchade aquí: